Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/69-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Eléctrica de C. Caldelas, S.L.

Domicilio social: Galera, 1, 1501 A Coruña.

Denominación: C.T. intemperie Ponte da Boga.

Situación: Castro Caldelas.

Descricións técnicas: centro de transformación aéreo de 100 kVA, relación de transformación 20.000/380 V, situado no apoio nº 4 da L.M.T. Conde de Oleiros (Castro). Bodegas San Paio. Liña de baixa tensión aérea de 40 m en conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense