Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 03 de agosto de 2000 Páx. 11.602

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2000 pola que se fan públicas as listas previas por categorías confeccionadas para a selección de persoal laboral temporal do Instituto Galego de Promoción Económica.

Rematado o procedo de análise e tratamento informático das solicitudes presentadas ó abeiro da convocatoria aprobada por resolución da directora xeral do Igape do 2 de febreiro de 2000 (DOG nº 29 do 11 de febreiro) para a confección dun ficheiro de datos para a selección de persoal laboral temporal do Instituto Galego de Promoción Económica, en cumprimento da lexislación vixente, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Aprobar e ordena-la publicación no taboleiro de anuncios do Igape (Complexo Administrativo San Lázaro s/n Santiago de Compostela) das listas previas por categorías para a confección dun ficheiro de datos para a selección de persoal laboral temporal, así como o baremo xenérico que se aplicará nos procesos individuais de contratación que, se é o caso, se tramiten. O dito baremo xenérico adaptarase ás especificidades das prazas que se convoquen.

Segundo.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días naturais contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a corrección de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións. Unha vez resoltos uns e outras, as listas definitivas publicaranse no taboleiro de anuncios do Igape.

Terceiro.-As prazas que se convoquen conforme o sistema de listas previas por categorías anunciaranse na prensa e publicaranse no taboleiro de anuncios do Igape. A dita publicación incluirá a categoría da praza, o baremo específico aplicable e a lista baremada de solicitantes.

Cuarto.-Ordena-la urxente publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica