En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Centros de Negocios que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas ás que a actividade empresarial principal consista na prestación de servicios de domiciliación e/ou utilización de sedes sociais e despachos, salas de xuntas e dependencias análogas, así como servicios complementarios.
Asinan a acta de constitución: Enrique López Lorenzana, e tres persoas máis.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2000.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais