Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 01 de agosto de 2000 Páx. 11.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

De conformidade co establecido no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro, de contratos das administracións públicas; dáselle publicidade á seguinte adxudicación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Oleiros, en encomenda de xestión da Mancomunidade de Municipios da Área da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 9/1999.

2. Obxecto de contrato.

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: proxecto constructivo, construcción, subministración e montaxe de equipos de nove parques de reciclaxe comprendido no Plan de xestión integral de residuos sólidos urbanos da Mancomunidade de Municipios da Área da Coruña.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 118, do 22-6-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 250.772.192 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: Pleno do 29 de marzo de 2000.

b) Contratista: Tecnicas Medioambientais Tecmed, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 250.772.192 pesetas.

Oleiros, 13 de xuño de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa