Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 01 de agosto de 2000 Páx. 11.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xullo 2000 pola que se anuncia concurso público aberto e subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de procesador de tecidos con destino ó Hospital Comarcal de Monforte de Lemos. (SCS-61/2000) (lote único).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición do procesador de tecidos con destino ó Hospital Comarcal de Monforte de Lemos (lote único).

Orzamento: tres millóns duascentas mil pesetas co IVE incluído (3.200.000 pesetas con IVE incluído). (19.232,39 euros).

Garantía provisional: a garantía provisional é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público, e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: prazo de entrega máximo: 30 días.

Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes. Ve-lo punto 6 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Solvencia económico-financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame, nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: o pagamento do anuncio desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2000.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde