Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 01 de agosto de 2000 Páx. 11.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2000 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun local sito na rúa Baliño, 35, de Santiago de Compostela para alberga-los novos equipos da Unidade de Tarxeta Sanitaria.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas con base no Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que, pola necesidade urxente e inaprazable de poñer en marcha os novos

equipos da Unidade de Tarxeta Sanitaria da Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento, e que o local debe estar situado próximo ás oficinas da citada unidade, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer do local sito na rúa Baliño, 35, de Santiago de Compostela, para alberga-los novos equipos da Unidade da Tarxeta Sanitaria.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2000.

P.O (Orde 21-4-1998)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde