Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: C.T. Caixa de Aforros.
Situación: Cambados.
Descricións técnicas: C.T. de 1.250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V, na Caixa de Aforros, no concello de Cambados.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 21 de xuño de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra