Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 01 de agosto de 2000 Páx. 11.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de xullo de 2000, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de imposición de sanción pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Ridamada, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de imposición de sanción pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 entresuelo, Ourense, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 5 de xullo de 2000.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Ridamada, S.L.

CIF B-32028888

Gral. Mola, 9, Ribadavia

Rpte. Darío Fernández Pérez

DNI 07.796.663-P

Imposición de sanción

Exp. 259/1999