Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 30 de xuño de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se lles notifica ás persoas que se relacionan os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación, que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046 0272 59 00025559, Banco Gallego, urbana nº 3, rúa Brasil nº 11 de Vigo, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspodentes intereses de demora, (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobro, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma. (San Caetano s/n, Santiago de Compostela).

Para que conste, sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Vigo, 30 de xuño de 2000.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoDataDébeda

Fernández Lameira, Fátima M.35.546.646.PAsistencia sanitaria23-6-199917.821

Pérez Moregón, RafaelX1928865-QAsistencia sanitaria5-10-199924.840

Ruíz Eguren, Inmaculada48.300.453Asistencia sanitaria1-11-199924.840

Varela Fernández, Yolanda36.117.463Asistencia sanitaria4-3-200035.840

Soutillo Martínez, Francisco Javier35.927.203Asistencia sanitaria4-1-200024.840

García Pérez, José Manuel36.052.820Asistencia sanitaria8-2-200024.840

Barbosa Vidal, Rosa M.36.077.037Asistencia sanitaria20-11-199924.840