Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 5 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-51/1999 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación

(que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-51/1999 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes contado a partir do día da notificación, tamén poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente ó seu dereito.

Se non se recorrese contra ela no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa de Galicia (2091), oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a. As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b. As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-51/1999.

Inculpado: Rogelio Martínez Aluminio y PVC.

Enderezo: Moruxo nº 18, Bergondo.

Sanción e motivos: (100.000 ptas.) incumprimento de garantía e negativa inxustificada a satisface-las demandas do consumidor.

Data da resolución: 16-6-2000.

A Coruña, 5 de xullo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña