1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: obras de reforma e ampliación do edificio dos xulgados de Monforte de Lemos (Lugo).
b) Lugar de execución: Monforte de Lemos (Lugo).
c) Prazo de execución: sete meses contados desde o día seguinte ó da data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.
3. Procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base da licitación.
Importe total: 45.828.463 ptas., IVE incluído.
Ano 2000: 22.914.232 ptas.
Ano 2001: 22.914.231 ptas.
5. Garantías.
a) Provisional: dispensada.
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela.
As copias da documentación e o proxecto poderán solicitarse, mediante o aboamento do seu importe, en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro, 51-baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono 981 59 78 55.
b) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: grupo C; subgrupo: todos; categoría: d.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: observarase o disposto no punto 2.2.5.2., número 7 do prego de cláusulas administrativas.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.
b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o décimo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 11.30 horas.
10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2000.
María José Cimadevila Cea
Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior
e Relacións Laborais