Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Orillamar-C.D. Barreras II.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 1.093 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Orillamar ata o C.D. Emenasa. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 86 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde el C.D. Emenasa ata o C.D. Barreras II. Toda a instalación está situada no concello de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 13 de xuño de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra