Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/141-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de distribución polígono A Granxa-parcela 241.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 56 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T. ATI 727 entre os CC.TT. N.6 e N.7 do polígono da Granxa, ata o centro de distribución que se proxecta na parcela 241, no concello do Porriño, rematando no punto de inicio da liña. Centro de distribución cun conxunto de celas compactas SF6 (3L).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 12 de xuño de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra