Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/138-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: retranqueo L.M.T. polígono industrial Lalín 2000.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 308 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente LAL 809 (Anzo) ata o C.T. existente polígono 2000-1, no concello de Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 12 de xuño de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra