Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.430

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2000 pola que se fai pública a adxudicación de postos de traballo provistos polo sistema de libre designación.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no concurso de méritos convocado por Resolución do 6 de marzo de 2000 (DOG do 29 de marzo), para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de vicexerente na área de control interno, vacante no cadro do persoal funcionario de Administración e servicios.

Este rectorado, no uso das atribución conferidas polo artigo 65 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 253/1992, do 10 de setembro (BOE do 29 de outubro), resolve facer pública a adxudicación do referido posto a Jesús Fernández Jiménez, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, con número de rexistro persoal 3231043313 A 2060.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de

dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución, de acordo co previsto na lei reguladora da dita xurisdicción.

A Coruña, 6 de xullo de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña