Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

SEGUNDA relación de obras de plans provinciais.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións, para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Nº rede viaria provincial/denominación/concello/prazo execución/clasificación/orzamento.

33/Abast.san.pav. e beirarrúas na rúa Otero Novas/Cortegada/4 meses/4.468.000 pesetas.

54/Saneamento en Parada/O P. de Aguiar/3 meses/5.300.000 pesetas.

55/Rede de sumidoiros en Tibiás/O P. de Aguiar /3 meses/4.075.000 pesetas.

63/Edificio multiusos en Quereño/Rubiá/2 meses/4.000.000 de pesetas.

78/Abto. auga a Mourisca/Viana do Bolo/5 meses/8.000.000 de pesetas.

92/Acondicionamento C.V 102 Montederramo, Paredes, Candedo/Montederramo/5 meses/A.2b/G.6.c/25.000.000 de pesetas.

93/Urb. travesía CV 106 Vilariño Frío/Montederramo/5 meses/A.2.b.-G6.c/30.000.000 de pesetas.

25/Sto. e abto. Lamagrande/ O P. de Aguiar/3 meses/10.400.500 pesetas.

58/Acond. CV 177 A Veiga/5 meses/A.s.c-G.6.c/29.813.500 pesetas.

75/Rep. e acond. CV Leiro-Pedra do Carro/Leiro/5 meses/B.2.c/25.000.000 de pesetas.

Ourense, 18 de xullo de 2000.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense