Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de corrección de erros da modificación puntual número 17 do PXOU relativo á vía Seminario-Corredoira. (Expediente 4781/411).

Polo presente anuncio, procédese á corrección de erros publicados no DOG número 92 de data do 15 de maio de 2000, con motivo da aprobación definitiva da modificación puntual nº 17 do PXOU relativo á vía Seminario-Corredoira, polo que onde di: «contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o alcalde-presidente do Concello de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio. Non obstante, interposto o recurso de reposición non poderá interpoñerse recur

so contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunte polo transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que estime oportuno interpoñer e sexa procedente».

Deberá dicir:

«Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse o seguinte recurso:

a) Contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de publicación do presente anuncio, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de acordo co establecido no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa», como consecuencia do establecido no artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no que establece que contra as disposicións administrativas de carácter xeral non caberá recurso en vía administrativa.

Vigo, 27 de xuño de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo