Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto (plurianual), de consultorías e asistencias e de servicios para a realización do servicio de transporte aéreo de órganos humanos para transplante, destinados a este complexo hospitalario (C.P. 120/2000).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orden do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio

de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; planta terceira do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de consultorías e asistencias e de servicios.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número de referencia da CPA (Clasificación estadística dos productos por actividades): realización do servicio de transporte aéreo de órganos humanos para transplante destinados ó Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Orzamento total: 86.000.000 de ptas. (IVE incluído) (516.870 euros).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridoa: non existen lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: a atención de cada servicio de transporte demandado ó adxudicatario para executa-lo contrato realizarase no tempo máximo de resposta dunha hora desde o aviso da OCT, como se determina no anexo I: prego de prescricións técnicas.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 21 de agosto do 2000.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 28 de agosto de 2000.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña, planta baixa do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de

presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal de empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación.

17. Data de envío do anuncio: 7 de xullo de 2000.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 5 de xullo de 2000.

Teresa Araguas Álvarez

Directora médica en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza

da Coruña