Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/139-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Agrís.

Situación: Negreira.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 512 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Campolongo (expediente 50082) e final no C.T. Agrís, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 455 m de lonxitude, que se conectarán a instalacións existentes. Negreira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña