Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do transporte da ría de Vigo e illas Cíes.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 5 de outubro de 1999, resolveu outorgar con carácter definitivo á empresa Naviera Mar de Ons, S.L. a concesión do servicio público de transporte marítimo da ría de Vigo e do transporte entre esta e as illas Cíes regulado na Lei 4/1999, do 9 de abril de acordo entre outras coas seguintes condicións particulares:

1. Obxecto da concesión.

a) Os transportes regulares permanentes ou temporais entre as ribeiras da ría de Vigo comprendidas entre os cabos Home e Silleiro.

b) Os servicios desde calquera punto da ría de Vigo ás illas Cíes prestados con regularidade conforme un calendario e horarios predeterminados ou ben de forma ocasional.

2. Embarcacións.

Os concursantes deberán acredita-la propiedade, por si mesmos ou por medio de empresas nas que posúan polo menos o 50% do capital social, de barcos que, polo menos, representen a / partes do aforo mínimo esixido para quedar adscrito ó servicio.

Os barcos que presten o servicio regular permanente non poderán exceder de 15 anos de antigüidade desenvolverán una velocidade media de 18 anos e un nivel medio de ruídos inferior a 79 decibelios, debendo, ademais cumprir tódolos requisitos mínimos establecidos no prego do concurso e coas melloras propostas polo adxudicatario, e farán os servicios entre as ribeiras sen exceder de 15 minutos.

3. Tarifas.

3.1. Servicio Vigo-Cangas e Vigo-Moaña:

Billetes económicos*: 160 prezo unitario.

Billetes ida: 250 prezo unitario.

Billete ida e volta: 250 prezo unitario.

Bono escolar de 40: 140 prezo unitario.

Bono escolar de 50: 125 prezo unitario.

Pase de comercio de 30**: 200 prezo unitario.

Pase de comercio de 40**: 185 prezo unitario.

Pase de comercio de 50: 165 prezo unitario.

Tarxeta mensual: 150 prezo unitario.

Pase económico***: 160 prezo unitario.

* Para idas ata as 8 h non válido domingos e festivos.

** Non válidos para domingos e festivos.

*** A ida debe ser non posterior ás 8 h.

3.2. Illas Cíes.

Billete ordinario: 2.200 ptas.

Billete infantil: 750 ptas.

Grupos nenos: 900 ptas.

Grupos 3ª idade: 1.200 ptas.

Estas tarifas comprenden o IVE.

4. Expedicións.

4.1. Servicios regulares que se prestan con carácter obrigatorio durante todo o ano:

4.1.1. Liña Vigo-Cangas (horario de inverno):

32 expedicións ida e volta de luns a venres.

17 expedicións ida e volta en sábados.

15 expedicións ida e volta diarios e festivos.

(Horario de verán).

30 expedicións ida e volta luns a venres.

29 expedicións ida e volta en sábados.

15 expedicións ida e volta diarios e festivos.

4.1.2. Liña Vigo-Moaña (todo o ano).

20 expedicións ida e volta de luns a venres.

17 expedicións ida e volta en sábados.

15 expedicións ida e volta diarios e festivos.

4.2. Servicios regulares temporais dentro da ría de Vigo:

Os que se autoricen pola dirección xeral logo de petición do adxudicatario entre as ribeiras da ría de Vigo sen continuidade durante todo o ano.

4.3. Illas Cíes:

25 expedicións de ida e volta entre as illas Cíes e os portos de Cangas, Moaña, Vigo e Baiona cos horarios que comunique o concesionario á Dirección Xeral de Transportes e ás expedicións adicionais que notifique desde outro punto calquera con destino nas Cíes.

En todo caso rexe para estes transportes o número máximo de 2.200 visitantes diarios establecido pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

5. Aforo das embarcacións:

Nos servicios regulares da ría de Vigo que se prestan durante todo o ano a empresa adxudicataria deberá garantir entre Cangas-Vigo-Cangas 150 prazas agás nas saídas de Cangas entre as 7 e 9 h de luns a venres laborables nas que o aforo será de 300 pasaxeiros.

Nos servicios Moaña-Vigo-Moaña o aforo será de 100 pasaxeiros agás as saídas de Moaña entre as 8 e 10 de luns a venres laborables nas que se ofertaran 150 prazas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2000.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Dirección Xeral de Transportes