Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.369

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de xullo de 2000 que modifica a do 5 de xuño de 2000 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, grupo C.

No Diario Oficial de Galicia nº 115, do 14 de xuño, publicouse a convocatoria do proceso selectivo correspondente ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, grupo C.

Prevista a modificación que afecta ó contido da convocatoria, esta consellería, no uso das facultades atribuídas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril (DOG nº 76, do 20 de abril),

DISPÓN:

Primeiro.-Engadir un segundo parágrafo á base II, que terá a seguinte redacción:

«Para os aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna rexerá o dito programa excepto no que se refire ós temas 1, 15, 23, 33, 34, dos que quedan exentos».

Segundo.-Abrir un novo prazo de presentación de instancias previsto na base I.3.2 da Orde do 5 de xuño de 2000, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, grupo C (DOG nº 115, do 14 de xuño) para aqueles interesados da quenda de promoción interna que, reunindo os requisitos esixidos para a participación pola dita quenda, non presentasen instancia con anterioridade, podendo presenta-las solicitudes nos lugares indicados na base, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e dirixida ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados

desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública