Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de xullo de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución acordada no expediente sancionador VP-P-9/1998, incoado por posibles infraccións á normativa sobre vivendas de protección oficial.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redación dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado (avda. Agustín Romero, número 76, de Vilagarcía de Arousa), sen que se puidese practicar, notifícaselle a Construcciones José Meda, S.L. (sociedade promotora do edificio de vivendas de protección oficial, sito na avda. Agustín Romero, número 13-15 de Vilagarcía de Arousa, expediente 36-1-0054/88) a resolución do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de data 28-4-2000, na que se acorda a caducidade, con arquivo das actuacións, do procedemento sancionador VP-P-9/1998, iniciado por infracción ó disposto no artigo 6 e) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, pola que se aproba a Lei de infraccións en materia de vivenda, por transcurso do prazo máximo para resolver sen

dicta-la correspondente resolución.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, consonte co disposto nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 3 de xullo de 2000

Andrés Iglesias López

Xefe de Área provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: VP-P-9/1998.

Interesado: Construcciones José Meda, S.L.

Último enderezo coñecido: avda. Agustín Romero, 76 (Vilagarcía de Arousa).

Notificación persoal: (ausente) 11-5-2000; 2ª notificación 12-5-2000 (ausente).