Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pazos, no concello de San Cristovo de Cea. (Expediente IN407A 99/94-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003-Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentaron alegacións os titulares dos predios nº 1, 2, 4 e 41 da relación de afectados que manifestan por diferentes motivos a súa oposición á traza da liña. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que se lle notifican a cada afectado en escrito á parte, e que non se transcriben na presente resolución para evitar repeticións.

Vista sobre o terreo a citada traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha

das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966

RESOLVO:

1) Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos para un orzamento de 7.681.982 ptas.:

L.M.T. aérea a 20 kV de 775 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T. ó C.T. de Biduedo, e final no C.T. aéreo proxectado en Pazos; C.T. intemperie de 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V; R.B.T. aérea de 607 m de lonxitude do C.T. proxectado en Pazos, en conductor R.Z.-0,61/1 kV; R.B.T. aérea de 410 m do C.T. existente en Biduedo, en conductor R.V.-0,61/1 kV.

2) Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios dos mesmos e zonas de servidume pública.

3) Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 2 de novembro de 1999, que se publicou no DOG do 14 de decembro, no BOP de Ourense do 10 de xaneiro de 2000 e no xornal diario La Región do 19 de novembro de 1999.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 27 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense