Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/89-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T., R.B.T.A. Vilacova-Portochán.

Situación: Ames-A Baña.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56: de 1.216 m, de lonxitude, con orixe na liña existente mesma tensión próxima a Vilacova e final no C.T. que se vai instalar en Vilacova. De 62 m de lonxitude, con orixe na liña que alimentará a C.T. Vilacova e final no C.T. Portochán, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA/U e tensións de 20/0,380,220 kV, en Vilacova e Portochán-Ames e a Baña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 26 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña