Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.
Domicilio social: r/ Casais, 20, 15000 Vimianzo.
Denominación: modificación R.B.T. Toxa-Pasantes e Valiña.
Situación: municipio de Vimianzo (A Coruña).
Descricións técnicas: reforma da rede de baixa tensión do C.T. de Toxa nunha lonxitude de 1.540 m en conductor R.Z. de 95 e 50 mm en Al e ampliación de potencia a 160 kVA do trafo. Municipio de Vimianzo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 26 de xuño de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña