Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/171-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: liña eléctrica subterránea de media tensión.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV baixo tubo e cun conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al de 635 m, e cunha orixe no C.T. marola (expediente 30326) e remata no C.T. San Rosendo (expediente 30326) que se reforma instalando dúas celas de protección de liña e unha protección de trafo no concello de Ferrol.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 21 de xuño de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións