Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/72-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: Ourense, 32002 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., O Burgo, Outeiro, Cruces, Arruxo.

Situación: Amoeiro.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56, de 902 m, derivada desde o apoio nº 13 da L.M.T., proxectada Cambeo-Bóveda-Bacurín, e remata no C.T. proxectado aéreo con

100 kVA, R/T 20.000/380-220 V no Burgo. Redes de baixa tensión derivadas do C.T. citado e máis do C.T. de Chacín.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar, de non chegar a un acordo as partes, figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Ourense, 26 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 2000/72. Provincia: Ourense.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. O Burgo, Outeiro, Cruces, Arruxo.Termo municipal: Ourense.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4O CousoMonte altoConcepción Pérez PérezAvda. Buenos Aires 158 Esqu.

32004 Ourense

11741.184

6A DevesaMonte altoAmalia Gutiérrez DopazoSáenz Díez 43 1º Esqu.

32003 Ourense

221221.952

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

7-aO PiñeiroMonte altoCarmen Santos ÁlvarezRío Salas 31 2º Dta.

32001 Ourense

3121336

9O PiñeiroMonte altoJosé López SoteloO Barrio 3

32980 Amoeiro

19328

12O QuintoLabradíoCarmen Pulido ÁlvarezArruxo 130

32980 Amoeiro

4122220

18O QuintoLabradíoJosé Corral SaburidoArruxo 130

32980 Amoeiro

20200

19O QuintoLabradíoTeresa Pulido SantosPiferrer 1 3º-2º

08913 Badalona, Barcelona

770

23-aO QuintoLabradíoRogelio Soto ParadelaAvda. de Santiago 101 1º C

32001 Ourense

15130

28O QuintoLabradíoDosindo Sotelo ParadelaAvda. de Santiago 107

32001 Ourense

16160

30O QuintoViñedoCarmen Pulido ÁlvarezArruxo 130

32980 Amoeiro

640