Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as adxudicacións de varios contratos.

En cumprimento do previsto no artigo 93 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade ás adxudicacións que se identifican a continuación:

-Construcción dun IESP en Bouzas-Vigo (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Abal, S.A.

Orzamento: 216.700.000 pesetas.

-Ampliación do IES nº 1 en Sarria (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Ramírez, S.L.

Orzamento: 172.923.000 pesetas.

-Construcción da 1º fase do conservatorio de música, danza e idiomas de Lugo.

Adxudicatario: Necso Entrecanales Cubiertas, S.A.

Orzamento: 168.050.755 ptas.

-Proxecto e obra de remodelación, adecuación e rehabilitación do centro de ensino secundario Crucero Baleares en Culleredo (A Coruña).

Adxudicatario: Ferrovial Agromán, S.A.

Orzamento: 430.760.000 ptas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria