Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T. desde C.T. Perdigóns ó C.T. Hospital (2º alimentación).
Situación: Cee.
Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 0,3 km con orixe na L.M.T., C.T. Perdigóns C.T. Corcubión e final no C.T. Hospital, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 21 de xuño de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña