Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/82-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. en r/ Río Castro, 33.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240)mm Al, de 195 m con orixe na liña Estadio Río Lérez (expediente 27164) e final en C.T. que se vai instalar en r/ Río Castro, 33. Centro de transformación, tipo interior de 400 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV na rúa mentada. Ferrol.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;

tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 19 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña