Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 24 de xullo de 2000 Páx. 11.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-11/1999).

O Pleno do Concello, en sesión do día 13 de xullo de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle na parcela situada na confluencia das avenidas de Alfonso Molina e da Pasaxe, presentado por Vivienda Confort, S.A.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes deste a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 14 de xullo de 2000.

Salvador Fernández Moreda

O conselleiro delegado de Urbanismo