Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 24 de xullo de 2000 Páx. 11.220

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa), con nº de código 3601032, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-6-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 1-6-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de xuño de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as relacións de traballo entre a empresa Policlínico Vigo, S.A. (Povisa) e o persoal dependente dela.

Artigo 2º.-Carácter.

O convenio ten carácter de mínimo necesario e indivisible para tódolos efectos, no sentido de que as condicións pactadas nel constitúen un todo orgánico, e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas global e conxuntamente vinculadas á totalidade.

Artigo 3º.-Compensacións e absorcións.

As condicións económicas establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, poderán ser compensadas coas xa existentes no momento da súa

entrada en vigor, calquera que sexa a orixe ou causa delas.

Así mesmo, poderán ser absorbidas por calquera outra condición superior, que fixada por disposición legal, convenio colectivo, etc.., puidesen aplicarse no sucesivo.

Artigo 4º.-Aplicación preferente.

As disposicións que contén este convenio aplicaranse con preferencia a calquera outra, e, en todo caso, será de aplicación supletoria a correspondente lexislación laboral vixente.

Artigo 5º.-Vixencia e duración.

Independentemente da súa publicación no BOP, o presente convenio producirá efectos económicos a partir do día 1 de xaneiro de 2000 e ata o 31 de decembro de 2001.

Así mesmo, ós traballadores seranlles aplicables tódolos acordos deste convenio durante o mesmo período. O presente convenio, terminada a súa vixencia, continuará en vigor na súa totalidade ata que sexa substituído por outro convenio.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para examinar e resolver cantas cuestións se deriven da interpretación, vixencia e aplicación deste convenio, a súa mesa negociadora constitúe unha comisión paritaria integrada por un membro de cada sección sindical con representación no comité de empresa e o mesmo número de membros pola dirección. Na súa primeira reunión elixirase o presidente e o secretario.

A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

-Resolución de cantos asuntos ou reclamacións se sometan á súa consideración, así como de calquera das condicións establecidas neste convenio.

-Vixilancia do cumprimento colectivo e total do pactado e atención das denuncias de incumprimento del.

Tanto a dirección como o persoal están obrigados a facilita-las tarefas e a cooperar coa comisión paritaria para o mellor desenvolvemento dela.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas na súa totalidade estrictamente ad personam aquelas condicións máis beneficiosas que teña o traballador concedidas pola empresa, por pacto ou costume.

Capítulo II

Remuneracións

Artigo 8º.-Estructura salarial.

Salario: enténdese como estructura salarial a totalidade dos conceptos que conforman o salario e que se relacionan a seguir, sen prexuízo dos dereitos á súa percepción por cada traballador en función do seu devengo e da particular regulación que cada concepto ten no presente convenio.

Salario base.

Complementos.

Persoais.

-Antigüidade: nos termos establecidos no artigo 10º.

-Complemento extrasalarial.

-Gardería.

-Gratificación persoal: este concepto engloba as retribucións denominadas gratificación especial, complemento voluntario e outras gratificacións.

Posto de traballo.

-Complemento de nocturnidade.

-Complemento de xornada partida.

-Complemento de risco.

-Complemento de especialidade.

-Gratificación categoría.

-Xefatura.

-Coordinadores e supervisoras.

Calidade-cantidade.

-Incentivos.

-Gardas.

-Horas extraordinarias.

Suplidos.

-Complemento de transporte e distancia.

Gratificacións extraordinarias.

-Paga de abril.

-Paga de xullo.

-Paga de setembro.

-Paga de decembro.

Os complementos de posto de traballo que teñan a súa orixe nun nomeamento específico realizado pola empresa, irán indisolublemente unidos ó desempeño da función e durante a vixencia do nomeamento.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, durante a vixencia deste convenio respectaranse, na súa contía, as gratificacións persoais e complementos extrasalariais que o traballador veña percibindo na actualidade, en categorías de ATS e inferiores.

Artigo 9º.-Remuneracións.

A. O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, deberá rexerse polos salarios que se relacionan na táboa salarial anexa ó texto deste convenio.

Para iso establécese, para o primeiro ano de vixencia (2000), un incremento porcentual dun 3% (tres por cento) sobre a táboa salarial de 1999, incluída a revisión salarial aplicada.

B. Se durante o primeiro ano de vixencia o IPC (índice de prezos ó consumo) oficial estatal, superase

o 2% (dous por cento) unha vez constatado este extremo, actualizaríase a táboa salarial de 2000, aplicándolle a táboa de 1999, incluída a revisión salarial realizada, a diferencia de porcentaxe resultante, servindo de base a táboa de salarios así calculada, para o incremento salarial de 2001. As diferencias que puidesen resultar sobre o xa aboado, pagaríanse antes de 30 días a partir da publicación oficial do referido IPC.

C. Para o segundo ano de vixencia (2000) incrementarase a táboa salarial resultante, se é o caso, para 2000, co valor do IPC (índice de prezos ó consumo) estatal previsto polo Goberno, máis un punto e con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2001. No caso de que o IPC (índice de prezos ó consumo) estatal real supere o previsto, unha vez constatado este extremo, actualizaríase a táboa salarial de 2001, aboándose a posible diferencia na forma indicada para o ano anterior.

D. A liquidación das nóminas do persoal, levarase a cabo a finais do mes seguinte ó que correspondan, cubrindo a mensualidade de atraso cunha entrega a conta, por tempo indefinido, equivalente a unha mensualidade teórica e actualizándose anualmente co incremento por convenio do exercicio correspondente.

E. A nómina expresará para o presente ano (2000) a retribución neta en pesetas e euros, e para o ano 2001 en tódolos conceptos salariais.

Artigo 10º.-Antigüidade.

Ata o 30 de xuño de 1998, todo o persoal afectado por este convenio percibirá un complemento de antigüidade consistente nun 7% do seu salario por cada trienio cumprido, desde a súa data de ingreso na empresa.

A partir do 1 de xullo de 1998, o traballador manterá a antigüidade que percibe, incrementándose esta coa parte proporcional do trienio devengado e non percibido o 30 de xuño de 1998. O importe resultante manterase como un complemento retributivo ad personam, extinguíndose xuntamente co cesamento do traballador na empresa. Este complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salarios coa denominación de antigüidade consolidada.

Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos termos citados, a todo o persoal afectado por este convenio, aplicarase para a totalidade dos niveis profesionais da táboa salarial anexa e de forma proporcional á xornada de traballo realizada, unha compensación económica, como complemento persoal, nos termos citados na táboa que a seguir se cita, consolidando a partir do ano 2006 un incremento lineal de 25.000 ptas. mensuais, incrementadas no IPC que se aplicase desde o ano 2000 ó 2005, ámbolos dous incluídos, e o seu importe incrementará o soldo base vixente no ano 2000 de todo o cadro de persoal na empresa.

O persoal de nova incorporación, contratado a partir do 1 de xullo de 1998, percibirá desde o 1 de xaneiro de 1999 o complemento persoal reflectido na táboa anexa.

Este complemento citado aboarase en doce meses ata o ano 2005, con exclusión das gratificacións extraordinarias establecidas no artigo 11º deste convenio.

Ano 1999: 3.000 ptas. ó mes.

Ano 2000: 6.000 ptas. ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2001: 9.000 ptas. ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2002: 13.000 ptas. ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2003: 17.000 ptas. ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2004: 21.000 ptas. ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2005: 25.000 ptas. ó mes máis IPC ano anterior.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense catro gratificacións extraordinarias do 15 de abril, 15 de xullo, 15 de setembro e 15 de decembro, consistente cada unha delas nunha mensualidade de soldo base, incrementado coa antigüidade recoñecida, complemento extrasalarial e gratificación categoría, rateándose en función do tempo de servicio no período a que corresponde.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse na contía que se sinala na táboa anexa ó texto do convenio, coa recarga dun 30% para nocturnidade, 25% para medicina nuclear e un 20% para radioloxía.

A iniciativa do traballo en horas extraordinarias corresponderalle á dirección e á libre aceptación ou denegación do traballador, a excepción daqueles casos que por considerarse de urxencia ou emerxencia estará obrigado a realizar. Se o persoal afectado se considerase prexudicado ante posibles valoracións de urxencia por parte da dirección, pode recorrer ante o comité, que iniciará as accións oportunas.

As comunicacións de horas extraordinarias serán feitas por escrito e asinadas polo xefe do servicio ou sección respectiva.

As horas extraordinarias non poden en ningún caso ser fixas na súa contía, nin periódicas no seu devengo, nin aplicables en forma acumulada e dunha soa vez; ademais procurarase que sexan repartidas equitativamente entre todo o persoal do servicio ou sección respectiva.

Artigo 13º.-Complemento de risco.

O persoal que exclusiva ou preferentemente preste servicios en radioloxía e medicina nuclear, percibirá un complemento de risco consistente nun 20% nun 25%, respectivamente, do seu soldo base, complemento extrasalarial e antigüidade recoñecida.

Artigo 14º.-Complemento de especialidade.

Todo o persoal que, en posesión do certificado correspondente expedido por Policlínico Vigo, S.A. (Povisa) como consecuencia dos cursos que vén realizando e preste os seus servicios exclusiva ou preferentemente no servicio a que corresponda a dita especialidade, percibirá mensualmente a cantidade de 1.000 ptas. (mil pesetas).

Artigo 15º.-Complemento de nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade na contía dun 30% sobre o salario base de cada traballador, o cal se percibirá sobre as horas efectivas traballadas, entendéndose ó respecto como xornada nocturna, a comprendida entre as vintedúas e as oito horas.

Artigo 16º.-Complemento de distancia e complemento de transporte.

Policlínico Vigo, S.A. aboará durante a vixencia deste convenio a tódolos traballadores que residan habitualmente fóra do núcleo urbano de Vigo, a cantidade de dez pesetas por km diariamente recorrido desde a seu domicilio ata o núcleo urbano e viceversa, co límite de 350 ptas. (trescentas cincuenta pesetas).

Policlínico Vigo, S.A. aboará así mesmo a tódolos seus traballadores un complemento de transporte mensual, cunha contía que se establece na táboa de salarios anexa.

Artigo 17º.-Complemento de festivos.

Por cada festivo traballado, nacional, autonómico ou local, o traballador percibirá un complemento de festivo, consistente na contía de 1.000 ptas. (mil pesetas), quedando excluídos deste complemento aqueles traballadores que fosen contratados a tempo parcial, para realiza-la súa xornada de traballo nos ditos festivos, así como os que a realizan e perciben a súa retribución polo concepto de garda.

Este complemento aboaráselles a tódolos traballadores a xornada completa, sempre e cando parte desta se desenvolva nos citados festivos, con independencia das horas traballadas.

Artigo 18º.-Incentivos.

Para premia-la dedicación, competencia, colaboración e puntualidade, o persoal, con excepción do director técnico, xefes de servicio, xefes de sección e facultativos, percibirán a retribución aboada pola empresa en concepto de incentivo; a súa contía mínima mensual poderá variar entre 05, 10, 15 e 20 por cento, sobre os salarios establecidos no anexo nº 2 deste convenio. O 5% dos incentivos consideraranse fixo, os cales se perderán totalmente polos motivos seguintes:

a) Acumulación de atrasos que resulten superiores a 60 minutos ó mes.

b) Unha falta de xornada inxustificada.

c) Seis atrasos inferiores a 15 minutos cada un e por mes, durante tres meses consecutivos. O incentivo descontarase no cuarto mes.

d) Tres veces por faltas ou ausencias de xornadas completas no mesmo mes, xustificadas posteriormente.

e) Sanción con amoestación ou suspensión de emprego e soldo. Aínda cando a sanción fose modificada pola dirección, oído o comité de empresa, o incentivo que se vai conceder rebaixarase nun 0, 20, 40, 60, 80 ou 100 por cento.

Capítulo III

Xornada de traballo, permisos e excedencias

Artigo 19º.-Xornada de traballo.

Establécese con carácter xeral e en cómputo anual, para o ano 2000, unha xornada máxima de 1.767 horas e para o 2001 de 1.741 horas, de traballo efectivo ó ano, distribuídas nas seguintes quendas:

1. Xornada continuada.

a) Os traballadores sometidos a quenda de mañá, tarde e noite, distribuirán a súa xornada en medias bimensuais de 42 horas de presencia e 39 horas efectivas de traballo semanais. Na quenda nocturna, o persoal feminino e masculino que realice funcións sanitarias auxiliares, porteiros, celadores de portería e administrativos de urxencias, realizarán a súa xornada diaria en días alternos, distribuíndose na forma que se viña realizando. As horas así distribuídas, que excedan das limitacións legais, serán compensadas na forma que se viña facendo e, ademais, por este concepto, este persoal terá dereito a dous días de descanso ó ano, que se desfrutarán preferentemente, en período non de vacacións.

A empresa fará coincidi-los descansos deste persoal de modo que desfrute, como mínimo, dun domingo ó mes e a este domingo, bimestralmente, seralle engadido un sábado, sen prexuízo dos posibles pactos entre empresa e traballadores.

O dito sábado será a conta dos festivos establecidos no calendario laboral e convenio colectivo.

b) Os traballadores sometidos a quenda de mañá e tarde, distribuirán a súa xornada, semanalmente, da forma seguinte:

41 horas de presencia e 38 horas efectivas de traballo semanais.

A empresa fará coincidi-los descansos deste persoal de xeito que desfrute, como mínimo, dun domingo ó mes. No segundo semestre do ano 2000 a dous destes domingos engadiráselle un sábado.

Durante o ano 2001 a seis destes domingos, citados no parágrafo anterior, engadiráselle un sábado cunha periodicidade máxima bimestral, sen prexuízo dos festivos establecidos no calendario laboral e convenio colectivo.

c) Todo o persoal sometido a quendas, descansará 30 minutos diarios, cun período que é diferencia

entre as horas de presencia e as horas efectivas de traballo.

2. Xornada partida.

a) Os traballadores sometidos a xornada partida, realizarán 40 horas semanais de presencia distribuídas da seguinte forma:

38,30 horas semanais efectivas de traballo e 15 minutos diarios de descanso.

Este persoal terá dereito a desfrutar, no ano 2001, dun día de permiso retribuído, de acordo coas necesidades do servicio.

En cada servicio, manteranse os horarios vixentes desde o 1 de xaneiro de 1990.

b) Encóntrase sometido ó réxime de xornada partida todo o persoal dos servicios e categorías que a continuación se cita:

Servicios: medicina nuclear, banco de sangue e queimados.

Categorías: licenciados, técnicos superiores, xefes (de servicio, negociado, taller, etc.), supervisoras, encargados/as e subencargados/as, así como calquera outro cargo que implique mando.

c) Concédeselle a este persoal de xornada partida, un mes de xornada continuada, en quenda de mañá, que se desfrutará nos meses de xullo, agosto ou setembro, de acordo coas necesidades do servicio, cunha xornada semanal de 40 horas de presencia, distribuídas da seguinte forma:

Das 8 ás 16 horas ou das 7 ás 15 horas.

A dirección da empresa, por necesidades organizativas ou de producción, poderá transforma-lo persoal de xornada continuada en non continuada, aboándolle durante os días que realice tal xornada, o 10% do seu salario base diario.

Cando un traballador solicite, por motivos particulares realiza-la xornada partida por un período de tempo determinado, a dirección poderá aceptar tal cambio, sen aboarlle a este o 10% que se sinala no punto anterior.

O desfrute dos descansos será concedido polos respectivos superiores de cada servicio, no momento máis conveniente, segundo as necesidades del, entre as 10 e as 12 horas en quenda de mañá, entre as 18 e as 20 horas en quenda de tarde e entre as 0 horas e 2, en quenda de noite, salvo nos casos de emerxencia; neste caso, naturalmente, poderá ser variado o citado horario.

Artigo 20º.-Licencias e permisos.

Os permisos retribuídos a que ten dereito o traballador serán os seguintes, segundo se indica:

a) No caso de falecemento do cónxuxe, compañeiro, pais, fillos e irmáns, sete días.

b) No caso de enfermidade grave, intervención cirúrxica grave, debidamente acreditada, valorada polo médico de empresa, de cónxuxe, compañeiro,

pais, fillos e irmáns, de catro a sete días, a xuízo da empresa.

c) No caso de enfermidade grave, debidamente acreditada, intervención cirúrxica grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade (avós, netos, pais políticos, fillos políticos e irmáns políticos), dous días, ampliables ata catro, cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto.

d) Por razón de matrimonio, quince días naturais.

e) Por parto de esposa ou compañeira, entendéndose sempre con convivencia debidamente acreditada, catro días laborables.

f) No caso de parto, a traballadora terá dereito a unha pausa no seu traballo, dunha hora, ata que o seu fillo alcance os nove meses. Esta pausa poderase dividir en dous períodos ou reducir en media hora a xornada laboral. O dereito á pausa ou reducción da xornada é optativo para o pai traballador.

No caso de que os dous membros da parella traballen no centro, só un deles poderá exercer este dereito.

g) No caso de adopción, o pai e a nai adoptantes desfrutarán dos mesmos dereitos cós pais naturais.

h) Por matrimonio de pais, fillos, irmáns e avós, o traballador terá dereito ó día natural en que se produza o feito.

i) Por traslado do domicilio habitual, dous días naturais.

j) Para probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, o tempo necesario, que deberá acreditar con xustificante médico.

k) Para consulta médica oficial, tres horas, que deberá acreditar con xustificante médico.

l) Licencia por cumprimento de deberes inescusables de carácter público ou persoal:

-Para a realización destes deberes, os traballadores terán dereito á licencia polo tempo necesario para o seu cumprimento, sempre e cando non se poida facer fóra da xornada de traballo.

Para efectos do presente convenio, considéranse deberes inescusables de carácter persoal, os seguintes:

* Expedición ou renovación do DNI, carné de conducir, pasaporte, certificados e rexistros de organismos oficiais.

* Citacións de xulgados, comisarías, gobernos civís e militares e revista militar.

m) Por realización de estudios, o traballador terá dereito a un permiso para concorrer ós exames; os ditos permisos comprenderán as dúas horas anteriores ás do exame e ata a súa finalización; cando o exame se realice fóra de praza, o permiso será dun día natural se coincide coa súa xornada laboral.

Artigo 21º.-Excedencias.

1. Entenderase como excedencia a suspensión do contrato de traballo por un período de tempo determinado, de conformidade co establecido no Estatuto dos traballadores e a seguinte regulación.

2. A excedencia poderá ser forzosa, especial e voluntaria.

Forzosa.

3. A excedencia forzosa, conforme os supostos que a seguir se regulan, dará efecto á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia.

Concederáselles excedencia forzosa ós traballadores designados ou elixidos para o desempeño dun cargo público representativo que imposibilidade a asistencia ó traballo; así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

Especial.

4. Os traballadores fixos na empresa terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, contados desde a data de nacemento deste, ou a de acollida e/ou adopción, se é o caso. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de ata tres anos que, se é o caso, porá fin ó que se viñese desfrutando. En caso de traballar ámbolos cónxuxes, só un deles poderá exercer este dereito.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo, será computable para efectos de antigüidade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, á participación dos cales deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante os dous primeiros anos de excedencia, o traballador terá dereito á reserva do seu posto de traballo, transcorrido este prazo a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo nivel ou equivalente.

5. En desenvolvemento do número 6 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores, regúlase a seguir un suposto de excedencia que dará dereito á reserva do posto de traballo.

O traballador con polo menos un ano de antigüidade na empresa terá dereito a que se lle recoñeza en situación de excedencia; a súa duración non será inferior a tres meses nin superior a un ano, sempre que a súa causa veña motivada por algunha das seguintes circunstancias:

a) Necesidade de atende-lo cónxuxe ou familiares, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, incapacitados por enfermidade grave ou diminución física ou psíquica.

b) Necesidade de tratamento médico por razóns de rehabilitación ou recuperación non abranguidos nunha situación de incapacidade temporal.

c) Realización de estudios realizados co cometido profesional desempeñado ou que se vai desempeñar na empresa, así como coa súa proxección profesional nesta. Para este suposto o traballador deberá ter polo menos unha antigüidade de dous anos na empresa.

Non poderá desfrutar desta excedencia, simultaneamente, máis do dez por cento do persoal do cadro do centro de traballo.

Esta excedencia non poderá volver ser solicitada polo traballador ata que transcorran tres anos desde o final da anterior.

Voluntaria.

6. O traballador fixo con polo menos unha antigüidade na empresa de dous anos, ten dereito a que se lle recoñeza situarse en excedencia voluntaria por un prazo mínimo de seis meses e máximo de cinco anos, logo de petición formulada cun mes de antelación. Este persoal terá dereito á incorporación inmediata ó remate da excedencia, sempre e cando a solicite cun mes de antelación, tempo de aviso previo co obxecto de que a empresa poida situa-lo excedente. Este dereito só poderá ser solicitado outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o remate da anterior excedencia.

O persoal situado en excedencia con anterioridade á vixencia deste convenio, rexerase polo convenio vixente no momento da solicitude.

No caso de cubrirse o posto de traballo excedente, farase mediante suplencia interna, sempre e cando na empresa haxa persoal coa formación requirida para o posto.

O período inicial de excedencia só pode ser prorrogado ata o prazo máximo de cinco anos, cando exista pacto expreso entre a empresa e o traballador.

O período correspondente á excedencia non se computa para efectos de presencia efectiva na empresa.

Artigo 22º.-Festivos.

Ademais dos festivos establecidos no calendario laboral, establécense como festivos non recuperables os días 7 e 24 de decembro, Sábado Santo, Mércores de Cinza, Luns de Pascua, 24 de xuño, 17 de setembro, 17 de agosto, 14 de febreiro e 2 de novembro.

Estes festivos poderanse desfrutar en calquera época do ano e de acordo coas necesidades do servicio.

No suposto de que os festivos establecidos por convenio coincidisen en domingo ou cos festivos do calendario laboral, acordarase anualmente, entre empresa e comité, dentro dos 30 días seguintes á publicación do calendario laboral de festas, o seu traslado ó día laboral inmediatamente anterior ou posterior.

Os festivos 7 e 24 de decembro, Sábado Santo, Mércores de Cinza, Luns de Pascua, 24 de xuño, 17 de setembro, 17 de agosto, 14 de febreiro e 2 de novembro, cando coincidan coas vacacións do traballador, serán considerados de libre disposición, debendo solicitalo o traballador con polo menos un mes de antelación e sempre que non afecte o normal desenvolvemento do servicio.

Catro destes festivos serán considerados de libre disposición, debendo solicitalos o traballador con, polo menos, un mes de antelación, sempre e cando non afecten o normal desenvolvemento do servicio.

Por cada tres meses que o traballador se encontre en situación de IT ou permiso non retribuído perderá o dereito ó exercicio da libre disposición dun destes festivos.

A dirección comprométese a concede-los días pendentes de desfrute, que se soliciten cun mes de antelación, sempre e cando non afecte o normal desenvolvemento do servicio.

Os festivos que coincidan en sábado, ó persoal que realice a súa xornada de luns a venres, consideraranse de libre disposición, debendo solicitalos o traballador con polo menos cun mes de antelación e sempre que non afecte o normal desenvolvemento do servicio.

Artigo 23º.-Vacacións.

Todo o persoal terá unha vacación anual retribuída de 31 días naturais a razón do seu salario base, antigüidade recoñecida, complemento extrasalarial, complemento de especialidade, complemento de transporte, gratificación persoal, gratificación categoría, gardería e rateo dos tres últimos meses dos seguintes conceptos: incentivos, gardas, complemento de risco, complemento de nocturnidade e complemento de xornada partida.

Durante os anos 2000 e 2001, as vacacións desfrutaranse nos meses de xuño, xullo, agosto, e setembro.

O calendario das vacacións fixarase entre a dirección e o comité, de forma que cada traballador poida coñece-las datas que lle corresponden polo menos con dous meses de antelación á data do inicio do período de vacacións.

Para iso establécense as seguintes normas:

-Con carácter xeral, as vacacións desfrutaranse desde o primeiro día natural do mes, ata súa terminación, e para os meses de duración inferior a 31 días, ata completalos, a diferencia de días considerarase de libre disposición para desfrutar cun aviso previo de 30 días, sempre e cando non afecte ó normal desenvolvemento do servicio.

-O persoal contratado eventualmente, desfrutará das vacacións que lle correspondan nos meses de outubro, novembro e decembro, sempre e cando non afecte o normal desenvolvemento do servicio.

-A empresa fará coincidi-lo desfrute das vacacións dos matrimonios, e compañeiros que acrediten a convivencia e que traballen neste centro, dando preferencia de elección ó cónxuxe ou compañeiro con maior antigüidade no centro.

-O mes de novembro queda destinado para aquelas persoas que no mes programado das súas vacacións estiveron de baixa por enfermidade.

-Para establecer unha orde dentro da programación de vacacións, tódolos cambios efectuaranse entre persoas do mesmo grupo e categoría, e mediante comunicado escrito e asinado polas persoas.

-O desfrute das vacacións poderá fraccionarse en dous períodos por solicitude do traballador. No caso de que un dos períodos non poida ser desfrutado nos meses correspondentes ó planning, por necesidades do servicio, poderá ser solicitado nos oito meses restantes e de acordo co normal desenvolvemento do servicio.

-Os traballadores que voluntariamente desfruten as súas vacacións anuais nos meses de febreiro, marzo, abril, maio, outubro e novembro veranse compensados cunha bolsa de vacacións de 25.000 pesetas, excepto os traballadores a tempo parcial que percibirán o dito importe proporcional á súa xornada de traballo.

-Cando solicite o desfrute voluntario nos ditos meses de quince días como mínimo, percibirá a cantidade de 12.500 pesetas (doce mil cincocentas pesetas).

-O importe da dita bolsa, aboarase na nómina do mes anterior ó desfrute das vacacións.

-Cando as vacacións, por solicitude do traballador, se desfruten en períodos quincenais e estes coincidan cos meses considerados como voluntarios, o traballador percibirá a bolsa de vacacións na nómina correspondente á segunda quincena.

-Todo traballador que solicite cambio ou fraccionamento das súas vacacións, deberá facelo mediante comunicado escrito, con polo menos un mes de antelación ó mes que lle corresponda desfrutar por planning.

-Cando un traballador solicite cambio ou fraccionamento das súas vacacións, na forma e tempo establecido, de non ter resposta da dirección nun prazo máximo, de 15 días, entenderase concedida a petición. Cando esta sexa denegada, a dirección deberá comunicarllo por escrito ó interesado, facendo consta-las causas da dita denegación.

-Cando un traballador considere que as causas que provocaron a denegación da súa petición de cambio ou fraccionamento das vacacións, son arbitrarias ou non coinciden coa realidade, poderá recorrer á comisión paritaria para que decida sobre a reclamación formulada.

-A empresa fará coincidi-las vacacións do persoal feminino, en situación de baixa maternal, antes ou

despois do permiso por maternidade, sempre e cando sexa solicitado pola traballadora, polo menos, con dous meses de antelación á data do inicio do período de vacacións. Este mesmo dereito poderá exercelo o pai traballador sempre e cando acredite de maneira que faga fe tal circunstancia. Exceptuarase a obriga de aviso previo para os supostos de adopción. Cando sexa denegada a dita petición, esta será estudiada pola comisión paritaria.

Artigo 24º.-Aviso previo para o cesamento.

Todo o persoal afectado por este convenio se pretendese cesar no servicio da empresa, avisará por medio de escrito simple, cunha antelación mínima de quince días, excepto o persoal titulado, que o fará cun mes. O que non o faga así, perderá o dereito ó percibo da liquidación que lle correspondese.

Artigo 25º.-Día de permiso retribuído.

Establécese un día de permiso retribuído, ademais dos que legalmente están establecidos, o cal se desfrutará, preferentemente, no período non de vacacións.

Artigo 26º.-Permiso sen soldo.

Todo o persoal con máis de dous anos de antigüidade, sempre que sexa posible substitución e que o solicite cun mes de antelación, terá dereito a un mes de permiso sen soldo de entre quince días e seis meses.

Quedará prohibido utiliza-lo dereito regulado no presente precepto para traballar en institucións sanitarias públicas ou privadas excluíndose o persoal que realiza unha xornada inferior ó 50%.

O permiso sen soldo de quince días a tres meses poderá ser solicitado polo traballador tódolos anos.

O traballador que solicitase un permiso sen soldo superior a tres meses, non poderá volver exercer ese dereito ata que transcorrese como mínimo dous anos.

O dito permiso non poderá ser fraccionado e durante el, o traballador permanecerá de baixa na Seguridade Social, repercutíndolle na debida proporción de ausencia ó traballo, nas gratificacións extraordinarias e vacacións.

Artigo 27º.-Noite 24/31 de decembro.

O persoal que traballe a noite do 24 e/ou 31 de decembro, descansará tres días naturais por cada unha destas noites. Estes días poderanse desfrutar en calquera época do ano e de acordo coas necesidades de cada servicio, que poderán ser aboados, como horas extras, en caso de imposibilidade de concesión. Así mesmo, percibirá un complemento de 4.000 pesetas (catro mil pesetas) independente das 1.000 ptas. (mil pesetas) establecidas como complemento de festivos.

Artigo 28º.-Xubilación.

A xubilación será obrigatoria ós sesenta e cinco anos para o persoal afectado por este convenio, sem

pre e cando o traballador reúna un período mínimo de cotización que lle permita alcanza-lo oitenta por cento da base reguladora. Por cada xubilación obrigatoria, a empresa comprométese a facer un contrato indefinido, de igual xornada, dentro dos tres meses anteriores ou posteriores de se ter producido.

O presente precepto será de aplicación para os traballadores maiores de sesenta e cinco anos, que continúen traballando na empresa no momento da sinatura do convenio e reúnan os requisitos establecidos no punto anterior.

Artigo 29º.-Promoción do traballador.

As vacantes dos postos de traballo que se produzan polo cesamento dun traballador fixo e a tempo completo, que teña por motivo o falecemento, xubilación, invalidez, cesamento voluntario e despedimento, así como as que se produzan por cambio de categoría e se acorde a provisión do posto de traballo pola dirección da empresa, e os de nova creación, ofertarase tal posto a tódolos traballadores que reúnan as condicións profesionais e de titulación para a súa provisión.

Constituirase unha comisión de promoción composta por tres membros do comité de empresa e outros tantos en representación desta.

Esta comisión establecerá as bases da convocatoria e procederá á avaliación dos aspirantes, propóndolle á dirección da empresa o candidato que reúna os requisitos establecidos na convocatoria.

No suposto de non se propor ningún candidato, ben por falta de presentación, ou por considerar non reuni-las condicións necesarias ningún dos presentados, procederase á contratación directa.

Terán preferencia ós ditos postos en igualdade de valoracións globais, primeiro os familiares dos traballadores e as persoas en situación de paro.

No suposto de que se trate de postos de mando e facultativos, a dirección da empresa reserva para si o establecemento das probas e a súa avaliación.

Capítulo IV

Beneficios e melloras sociais

Artigo 30º.-Manutención.

No caso de que o persoal que preste os seus servicios no Policlínico Vigo, S.A., o faga segundo a modalidade de semi-interno, terá dereito á manutención durante o tempo que permaneza no centro.

O persoal de cociña, autoservicio e cafetería, será considerado, para efectos de manutención, como semiinterno.

Cando por necesidades do servicio, calquera traballador, por solicitude da empresa, realice horas extraordinarias, durante as horas destinadas normalmente a manutención, Policlínico Vigo, S.A. farase cargo dela.

Os traballadores que realicen quendas nocturnas, terán dereito a unha pequena colación ás 0 horas,

consistente en bocadillo, froita, café e leite, conservado en adecuadas condicións hixiénicas.

Artigo 31º.-Autoservicio.

Os productos de consumo habituais acordados en actas do comité, serán incrementados no IPC estatal para os anos 2000 e 2001.

Artigo 32º.-Gardería infantil.

A empresa aboaralles ós traballadores que teñan fillos menores de seis anos, a cantidade de 6.000 pesetas mensuais por cada fillo, como compensación para a utilización dos servicios de gardería infantil.

En caso de matrimonios, enténdese que este beneficio alcanzará só a un dos cónxuxes.

Os traballadores que na actualidade perciban a compensación mencionada no presente artigo, seguirán percibindo esta de acordo co establecido no artigo 32 do convenio colectivo para os anos 1998/1999.

Artigo 33º.-Póliza de vida.

Contrátase unha póliza de seguro colectivo para todo o persoal afectado por este convenio, por un capital base dun millón de pesetas, no caso de morte e riscos complementarios especificados en póliza.

O importe total da dita póliza, será aboado integramente pola empresa. No suposto de ser rexeitada a proposta de seguro pola compañía aseguradora para algún traballador, queda sen efecto a obriga empresarial aquí pactada, incluíndo nos seus haberes o importe da achega empresarial da dita póliza. O comité de empresa coñecerá o nome dos traballadores que foran rexeitados, co fin de tratar de conseguir que a totalidade do cadro de persoal fose admitida nesta ou noutra compañía.

Artigo 34º.-Fondo de préstamos.

A empresa disporá da cantidade de 6.000.000 de pesetas (seis millóns de pesetas), para concesión de préstamos ós seus traballadores, os cales controlará e xestionará o comité de empresa.

Artigo 35º.-Bolsas e asistencia a congresos.

A empresa disporá da cantidade única de 1.500.000 de pesetas (un millóns cincocentas mil pesetas), para bolsas de estudios e asistencia a congresos dos seus traballadores fixos, todo iso relacionado co traballo. Para a concesión, crearase unha comisión formada por dous membros do comité de empresa, o xefe de servicio do solicitante e o xefe de formación. No caso de non existir acordo nesta comisión decidirá a dirección da empresa.

Co fin de promociona-la formación dos traballadores da empresa para adecualos ás novas funcións que se van desenvolver, a empresa destinará ata 10.000.000 (dez millóns) de pesetas en cada ano de vixencia do convenio para facer fronte ós gastos que iso comporte, e que o habiliten para o mellor desempeño das súas funcións. Por iso, a empresa proporá ós traballadores que crea conveniente, a realización de cursos oficiais que os habiliten para o

desempeño das novas funcións. Pola súa vez, o comité de empresa poderá propor aquelas iniciativas que considere oportunas.

Artigo 36º.-Uniformes e roupa de traballo.

En función das tarefas que se van desenvolver ou características ou necesidade do posto de traballo que se vai desempeñar, a empresa facilitaralle ó persoal a roupa de traballo e/ou protección adecuadas ás ditas circunstancias, sendo facultade dela decidi-lo tipo de roupa que deberán utilizar, a cal estará en función dos servicios que desempeñen.

Estas pezas de roupa entregaranse cunha periodicidade de dúas ó ano para aquelas que teñan un carácter de uso continuado e permanente nun réxime de xornada completa. Nas demais situacións, a dita entrega efectuarase coa periodicidade suficiente para que garanta o bo decoro, presencia persoal e, se é o caso, seguridade, deste colectivo, sen prexuízo en tódolos casos dos dereitos adquiridos na empresa e dos estipulados na lexislación vixente, debendo facerse cargo a empresa do lavado, entrega e mantemento do uniforme.

Artigo 37º.-Complemento por accidente de traballo e enfermidade profesional.

A empresa, mentres teña a condición de aseguradora aboará, durante a situación de IT por estas continxencias e por un período máximo de dezaoito meses, o cen por cento do salario que o traballador teña recoñecido no momento do feito causante, ata o tope máximo de cotización vixente no momento de producirse a baixa por incapacidade temporal derivada de accidente de traballo e enfermidade profesional, confirmada polos servicios médicos da empresa.

A empresa poderá renunciar á súa condición de autoaseguradora no suposto de que se produzan perdas anuais consecutivas ou acumuladas que alcancen a cantidade de 1.000.000 de ptas. (un millón de pesetas).

No caso de que se produza o exercicio de dereito de renuncia anteriormente relacionado, a empresa comprométese a negociar co comité de empresa o establecemento doutras melloras sociais.

Artigo 38º.-Complemento por enfermidade común e accidente non laboral.

No caso de enfermidade común e accidente non laboral, a empresa comprométese a aboarlle ó traballador, unicamente durante os días que permaneza ingresado en institución sanitaria por estas continxencias, a diferencia entre a prestación económica con cargo á Seguridade Social e o salario que o traballador teña recoñecido no momento do feito causante, ata o tope máximo de cotización e por un máximo de dezaoito meses, sempre e cando o traballador acredite un período mínimo de cotización de cento oitenta días, dentro dos cinco anos anteriores á data de baixa por IT.

Artigo 39º.-Capacidade diminuída.

Os traballadores que se encontren en situación temporal ou definitiva de reducción das súas facultades físicas ou psíquicas, que non lle impidan traballar, terán preferencia a ocupa-los postos de traballo máis aptos ás súas condicións físicas ou psíquicas, sempre e cando existan vacantes dispoñibles na empresa e sexan adecuadas ás capacidades profesionais dos traballadores incursos na situación que se regula no presente precepto.

Quedarán excluídos destes beneficios os traballadores ós que os organismos oficiais lles recoñezan unha incapacidade permanente, total, absoluta ou gran invalidez.

Artigo 40º.-Voluntariedade de gardas.

O persoal maior de cincuenta e cinco anos poderá renunciar voluntariamente á realización de gardas e ó traballo nocturno, sempre e cando as necesidades do servicio o permitan.

En caso de solicita-la reincorporación á realización de gardas e traballo nocturno o traballador non terá ningún dereito preferente e/ou consolidado respecto dos que realizan as ditas gardas e traballo nocturno.

Durante o período de xestación e lactancia as traballadoras, a pedimento propio, quedarán exentas de realizar xornadas nocturnas. Transcorrido o período de xestación e lactación, reincorporaranse ás quendas de xornadas nocturnas que estivesen realizando no momento da petición.

Artigo 41º.-Política de emprego.

Durante a vixencia do presente convenio, a empresa comprométese a non facer uso da modalidade do contrato de formación e a non utiliza-lo contrato en prácticas nunha cantidade anual superior ó dous por cento do cadro de persoal.

Así mesmo, comprométese a non facer uso da contratación de persoal a través de empresas de traballo temporal, agás para o suposto de substitución de persoal por razóns de interinidade, vacacións, excedencias, licencias, permisos, festivos, baixas por IT e, con carácter excepcional, durante a tramitación do proceso de selección de persoal.

Capítulo V

Ordenación xurídica de faltas e sancións

Artigo 42º.-Definición e principios xerais.

1. Considérase falta toda acción e omisión que supoña unha infracción ou incumprimento de deberes laborais derivados do establecido no presente capítulo ou doutras normas de traballo vixentes, xa sexan legais ou contractuais.

2. Prevención: promoveranse políticas de xestión e desenvolvemento dos recursos humanos que contribúan á xeración dun adecuado clima social, previndo, se é o caso, posibles procedementos de axuda en situacións que requiran medidas de recuperación ou rehabilitación.

3. As faltas poderán ser sancionadas pola dirección da empresa, sen prexuízo da proposta que poida formula-la representación legal dos traballadores, de acordo coa graduación e procedemento que se establecen nos artigos seguintes respectando a legalidade vixente e os principios xurídicos que a conforman:

-Principios de legalidade e tipicidade: esixe con carácter xeral que as consultas ilícitas e as sancións que se van impor estean establecidas e determinadas de acordo coa lei (art. 58 ET).

-Principio Non bisin idem: evitar que uns mesmos feitos poidan ser sancionados máis dunha vez (art. 25.1 CE), sen que se poidan impor sancións que reduzan vacacións, descansos do traballador ou multa de haber.

-Principio de igualdade de trato e non-discriminación (art. 14 CE e 17 ET).

-Principio de proporcionalidade e ecuanimidade: equilibrio que debe existir entre a conducta infractora, as súas consecuencias e a sanción que teña que imporse e a esixencia de imparcialidade.

-Principio de audiencia previa na forma que máis adiante se regula, en harmonía co previsto no convenio 158 de OIT.

-Principio de protección xurisdiccional dos dereitos: as sancións impostas pola empresa sempre poderán ser impugnadas polo traballador perante a xurisdicción competente conforme o procedemento establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Artigo 43º.-Graduación das faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia ou transcendencia en leve, grave ou moi grave.

1. Faltas leves. Todas aquelas que comportando falta de dilixencia debida ou descoidos escusables non causen un prexuízo cuantificable dentro do ámbito desta ordenación; entre as que hai que considerar incluídas as seguintes:

a) De tres a cinco faltas de puntualidade inxustificadas no período dun mes.

b) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada, aínda cando sexa por un breve período de tempo, sempre que este non orixine un prexuízo grave para a empresa, pois en tal suposto operaría a cualificación conseguinte.

c) A non notificación previa ou no prazo de vintecatro horas das razóns da ausencia ó traballo, agás caso de forza maior.

d) Nos postos de traballo que garden relación directa coa atención sanitaria, a comunicación da ausencia realizarase antes do inicio da xornada laboral, a non ser que se probe a imposibilidade de efectualo.

e) A falta de asistencia ó traballo dun a dous días nun mes sen a debida antelación ou causa que o xustifique.

Para os efectos regulados no presente artigo, considerarase falta de asistencia a incorporación ó traballo despois de transcorrido desde o seu inicio un corenta por cento da xornada diaria de que se trate.

e) A desatención e falta de respecto ou de corrección no trato cos seus compañeiros ou co público cando non prexudique gravemente a imaxe da empresa.

f) Non levar uniforme completo na xornada laboral, naqueles postos de traballo que se determinase, sempre que estea á disposición do traballador.

g) Non comunicarlle á empresa o lugar de notificación (ou a súa modificación) das comunicacións oficiais desta, con independencia do lugar de residencia do traballador.

2. Faltas graves. Todas aquelas que impliquen unha conducta grave de neglixencia ou indisciplina, prexudiquen de modo cuantificable o proceso productivo e/ou supoñan infracción de leis, regulamentaria ou convencional; entre as que se deben considerar incluídas as seguintes:

a) De seis a nove faltas de puntualidade inxustificadas no período dun mes.

b) A falta de asistencia ó traballo de tres días dentro dun período dun mes, sen a debida autorización ou causa que o xustifique.

c) Falseamento dos datos ou comunicacións que tiveran incidencia cuantificable na Seguridade Social.

d) A desobediencia manifesta ás ordes dos superiores, así como o incumprimento das normas específicas da entidade.

e) Os malos tratos de obra ou palabra que supoñan evidente e notoria falta de respecto cara a outros empregados ou co público, así como a actitude notoria de acoso sexual.

f) A falta de aseo e limpeza persoal cando sexa de tal índole que afecte o normal desenvolvemento do traballo, a imaxe da empresa, ou produza queixa xustificada e reiterada dos compañeiros. Así mesmo, a falta ás normas de hixiene do persoal sanitario que poida representar un risco para os pacientes.

Considerarase necesario que houbese para o efecto apercibimento previo.

g) O incumprimento das obrigas legais, regulamentarias ou convencionais impostas ó traballador en materia de prevención de riscos laborais, seguridade e saúde laboral, cando esta orixine un risco grave para a integridade física ou saúde do propio traballador, os seus compañeiros, terceiras persoas, ou para as instalacións da empresa. Esta conducta cualificarase como falta moi grave cando a transcendencia do incumprimento fose de tal índole.

h) Realizar traballos particulares dentro da xornada laboral, así como empregar para uso propio materiais da empresa sen a debida autorización.

i) A embriaguez non habitual ou situación análoga derivada do consumo de productos psicotrópicos ou similares, posta de manifesto durante o traballo.

j) Orixinar rifas, alborotos ou discusións graves que entorpezan a normal actividade da empresa.

k) A neglixencia, desinterese ou descoido inescusable na prestación do servicio sempre que disto se derivase prexuízo grave para a empresa, as persoas ou as cousas.

l) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigado reserva que non produza grave prexuízo para a empresa.

m) O abandono, sen aviso previo, do posto de traballo sen causa xustificada cando como consecuencia deste se orixine prexuízo grave para a empresa.

n) Simula-la presencia doutro traballador na empresa.

o) Alegar causa inexistente para a obtención de permisos.

p) A reincidencia na comisión de dúas ou máis faltas leves da mesma natureza, ou tres ou máis de distinta natureza, sempre que teñan lugar dentro dun período de dous meses contados desde que se cometeu a primeira e mediase advertencia escrita ou sanción sobre elas.

3. Faltas moi graves. Todas aquelas que impliquen conductas que prexudiquen con gran importancia cuantitativa o proceso productivo e/ou supoñan infracción de leis, regulamentos ou convenios; entre as que se deberán considerar incluídas as seguintes:

a) A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza, grave e culpable, nas xestións encomendadas.

b) O furto ou o roubo, tanto á empresa como ós compañeiros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

c) A simulación de enfermidade ou accidente.

d) Dez ou máis faltas de puntualidade inxustificadas no período dun mes.

e) A falta de asistencia ó traballo de máis de tres días dentro dun período dun mes, sen a debida autorización ou causa que o xustifique.

f) O abandono do traballo sen causa xustificada, cando como consecuencia deste se orixine un prexuízo moi grave para a empresa.

g) O quebrantamento ou violación do segredo de correspondencia ou de documentos reservados, ou datos de reserva obrigada que produza grave prexuízo para a organización e funcionamento da empresa.

h) A embriaguez habitual ou toxicomanía posta de manifesto durante a xornada laboral se repercute negativamente no traballo, sen prexuízo do estable

cido na lexislación respecto da seguridade e saúde no traballo.

Entenderase que a embriaguez é habitual cando mediasen previamente dous apercibimentos escritos pola mesma causa.

i) Desenvolver unha actividade, por conta propia ou allea, que estea en concorrencia desleal coa actividade da empresa, cando expresamente o teña prohibido pola dirección desta.

j) Actos de acoso sexual, considerándose de especial gravidade os dirixidos a persoas subordinadas con abuso de posición privilexiada.

k) Actos abusivos no exercicio das funcións de mando. O que o sufra porao inmediatamente en coñecemento da dirección da empresa, ben directamente, ben a través da representación legal dos traballadores. En todo caso, considerarase como acto abusivo a actuación dun superior que supoña infracción da normativa legal con prexuízo directo para o empregado.

l) A desobediencia ás ordes dos superiores, así como o incumprimento das normas específicas da entidade que impliquen quebranto manifesto de disciplina ou delas derive grave prexuízo para a empresa.

m) A reincidencia na comisión de tres faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, sempre que teñan lugar nun período de seis meses desde a comisión da primeira e mediase sanción sobre elas.

n) Toda actuación que supoña discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

o) A obstaculización do exercicio das liberdades públicas e dereitos sindicais.

Artigo 44º.-Procedemento sancionador.

1. Réxime xurídico.

1.1. A facultade de impor sancións correspóndelle á dirección da empresa, quen a exercerá na forma que se establece no presente convenio e conforme o regulado no Estatuto dos traballadores.

1.2. Entra dentro da competencia da representación legal dos traballadores na empresa facer denuncia e/ou proposta á dirección desta sobre feitos ou actuacións, en especial aquelas conductas que puidesen implicar actos abusivos no exercicio das funcións de mando, susceptibles de seren cualificados como falta, para os conseguintes efectos.

1.3. A dirección da empresa transmitirá á representación legal dos traballadores, dentro das setenta e dúas horas seguintes de ter coñecemento por escrito das infraccións que cometese o persoal, os cargos que se lle imputen ó infractor, co obxecto de que esta poida comunicarlle á dirección dentro das setenta e dúas horas seguintes, a existencia ou non de atenuantes ou de calquera circunstancia que poida contribuír ó esclarecemento dos feitos. O presente

trámite de audiencia suspende os prazos de prescrición pactada no presente convenio.

O traballador, pola súa parte, deberá asina-lo correspondente informado, e poderá acudir no seu defecto a calquera outra forma acreditativa da recepción polo traballador da comunicación da empresa.

1.4. Tratándose de sancións por faltas graves ou moi graves a traballadores afiliados a un sindicato, e constándolle formalmente esta circunstancia á empresa, deberase dar audiencia previa ó delegado sindical correspondente na empresa, nos termos pactados no punto 1.3.

1.5. No suposto de sancións por faltas graves ou moi graves a membros do comité de empresa, delegados de persoal ou delegados sindicais, será obrigatoria a apertura de expediente contradictorio no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal e/ou sindicais.

Rematado o expediente contradictorio, se é o caso, procederase á imposición de sanción, ó arquivo ou á anulación deste, entendéndose a tramitación deste suspendidos os prazos de prescrición da falta.

1.6. O traballador poderá impugna-la sanción que lle fose imposta mediante demanda perante a xurisdicción competente, nos termos regulados pola Lei de procedemento laboral (artigos 114 e seguintes).

Artigo 45º.-Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días; para as faltas graves ós vinte días e para as moi graves ós sesenta días, a partir da data na que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometer.

Agora ben, naqueles supostos en que a falta sexa descuberta como consecuencia de auditoría, o cómputo dos prazos antes sinalados comezará a partir da data na que se emita o correspondente informe do auditor, sempre que non transcorresen os seis meses establecidos no parágrafo anterior.

Artigo 46º.-Sancións.

As sancións máximas que poidan imporse en cada caso, atendendo á gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

A. Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo ata dous días.

B. Por faltas graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de tres a dez días.

C. Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de once a trinta días.

-Inhabilitación temporal para o ascenso por un período de ata un ano.

-Despedimento disciplinario.

Artigo 47º.-Cancelación.

As faltas que xerasen sanción quedarán canceladas, para os conseguintes efectos, ó se cumpriren os seguintes prazos: as leves ós tres meses, as graves ós nove meses e as moi graves ós dezaoito meses.

Capítulo VI

Artigo 48º.-Dereitos sindicais.

A empresa disporá dun local adecuado para uso exclusivo do comité de empresa. Cada membro do comité disporá como máximo de corenta horas mensuais para desenvolve-las funcións do seu cargo sindical, quedando excluído deste cómputo o tempo de reunión por instancia da empresa e o investido nas reunións de negociación colectiva do convenio da empresa.

O comité de empresa poderá reunirse, fóra das horas de traballo, e dentro das horas de traballo, logo de coñecemento dos seus superiores.

O comité de empresa coñecerá a contratación de novo persoal, así como o tipo de contrato e os postos que se van cubrir por promoción interna.

Para a realización de asembleas requirirase autorización previa da dirección, debendo ser solicitada esta cun mínimo de corenta horas de antelación.

O comité de empresa disporá dun taboleiro de anuncios con vitrina e pechadura para o seu uso exclusivo. Así mesmo, cada sección sindical con representación no comité de empresa, disporá doutro taboleiro nas mesmas condicións.

Os membros do comité de empresa e os delegados sindicais poderán proceder, logo de notificación á dirección, á acumulación das horas sindicais, da forma que consideren máis conveniente para a realización das súas tarefas.

Capítulo VII

Disposicións derradeiras

Artigo 49º.-Celador.

As funcións que realizará o celador serán as que constan na acta de deliberacións do convenio do 16 de febreiro de 1981.

Artigo 50º.-Entrega do convenio.

Policlínico Vigo, S.A. comprométese a entregar, unha vez asinado, aprobado e publicado no BOP este convenio, unha copia a cada traballador de alta na empresa, en castelán e galego.

Artigo 51º.-Denuncia e prórroga.

O presente convenio enténdese prorrogado por un ano, se algunha das partes non o denuncian, cunha antelación mínima de dous meses ó seu vencemento.

Artigo 52º.-Determinación das partes que o concertan.

Este convenio foi subscrito, en representación da parte económica, por tres representantes designados para o efecto pola dirección da empresa e, en representación da parte social, polo comité de empresa.

Capítulo VIII

Disposición transitoria primeira

As partes comprométense a negocia-las definicións de categorías e grupos profesionais.

Táboa de salarios segundo o convenio 2000

Categoría profesionalSoldo baseIncentivosHora

extra

Complemento

transporte

Persoal servicio hoteleiro
Xefe de servicio

Euros

134.129

806,13

1.325

7,96

9.562

57,47

Encargado/a

Euros

121.294

728,99

74.423

447,29

1.193

7,17

12.119

72,84

Subencargado/a

Euros

115.154

692,09

68.283

410,39

1.122

6,74

12.799

76,92

Xefe/a de cociña

Euros

128.109

769,95

81.238

488,25

1.265

7,60

10.767

64,71

Cociñeiro/a de 1ª

Euros

124.733

749,66

77.862

467,96

1.233

7,41

11.443

68,77

Cociñeiro/a de 2ª

Euros

121.340

729,27

74.469

447,57

1.193

7,17

12.120

72,84

Axudante de cociña

Euros

117.962

708,97

71.091

427,26

1.162

6,98

12.799

76,92

Pasador/a de ferro, lavandeiro/a, costureiro/aEuros114.653

689,08

67.782

407,38

1.122

6,74

12.799

76,92

Limpador/a

Euros

114.653

689,08

67.782

407,38

1.122

6,74

12.799

76,92

Camareiro/a

Euros

117.962

708,97

71.091

427,26

1.162

6,98

12.799

76,92

Telefonista

Euros

116.214

698,46

69.343

416,76

1.138

6,84

12.799

76,92

Persoal servicio mantemento

Xefe/a de mantemento

Euros

134.129

806,13

1.325

7,96

9.562

57,47

Electricista

Euros

130.073

781,75

83.202

500,05

1.282

7,70

10.276

61,76

Electro-mecánico/a

Euros

130.073

781,75

83.202

500,05

1.282

7,70

10.276

61,76

Electrónico/a

Euros

130.073

781,75

83.202

500,05

1.282

7,70

10.276

61,76

Albanel, pirtor/a, carpinteiro/a

Euros

116.684

701,28

69.813

419,58

1.142

6,87

12.799

76,92

Peón

Euros

114.653

689,08

67.782

407,38

1.122

6,74

12.799

76,92

Persoal técnico sanitario

Director/a técnico

Euros

164.194

986,82

1.759

10,57

4.627

27,81

Xefe/a de servicio

Euros

152.141

914,39

1.516

9,11

5.959

35,81

Médico xefe de sección o adxuntoEuros151.166

908,52

1.504

9,04

6.155

36,99

Médico interno de garda

Euros

146.147

878,36

1.455

8,74

7.163

43,05

Médico sen especialidade

Euros

136.745

821,85

1.514

9,10

9.043

54,35

Categoría profesionalSoldo baseIncentivosHora

extra

Complemento

transporte

Médico contrato en prácticas

Euros

86.535

520,09

1.078

6,48

12.799

76,92

Farmacéutico/a, químico/a, odontólogo/aEuros146.147

878,36

1.455

8,74

7.163

43,05

Enfermeiro/a xefe/a

Euros

153.135

920,36

1.525

9,16

8.093

48,64

Fisioterapeuta e matrona

Euros

153.135

920,36

90.944

546,58

1.525

9,16

8.827

53,05

Supervisor/a

Euros

153.135

920,36

90.944

546,58

1.525

9,16

8.827

53,05

Enfermeiro/a

Euros

153.135

920,36

87.258

524,43

1.525

9,16

9.562

57,47

Téc. esp. a. patolóxica, RX e lab.Euros130.073

781,75

83.202

500,05

1.282

7,70

10.276

61,76

Persoal subalterno sanitario

Celador/a e auxiliar clínica

Euros

126.015

757,37

79.144

475,67

1.241

7,46

10.990

66,05

Sanitario/a

Euros

120.212

722,49

73.341

440,79

1.186

7,13

12.345

74,19

Persoal administrativo

Xefe servicios administrativos

Euros

134.129

806,13

1.325

7,96

9.562

57,47

Xefe/a de contabilidade

Euros

134.129

806,13

1.325

7,96

9.562

57,47

Oficial administrativo/a

Euros

130.073

781,75

83.202

500,05

1.282

7,70

10.276

61,76

Auxiliar administrativo/a

Euros

120.212

722,49

73.341

440,79

1.056

6,35

12.346

74,20

Persoal de compras e almacén

Xefe/a de compras e almacén

Euros

134.129

806,13

1.325

7,96

9.562

57,47

Axudante de almacén

Euros

116.651

701,09

69.780

419,39

1.142

6,87

12.799

76,92

Persoal servicios sociais

Xefe/a de asuntos sociais

Euros

134.129

806,13

1.325

7,96

9.562

57,47

Asistente/a social

Euros

126.653

761,20

79.782

479,50

1.252

7,52

11.059

66,47

Porteiro/a e ordenanza

Euros

116.651

701,09

69.780

419,39

1.142

6,87

12.799

76,92