En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de xullo de dous mil,
DISPOÑO:
Que cese, por pasar a outro destino, Jesús Pablo González Moreiras como delegado provincial de Lugo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Santiago de Compostela, vinteún de xullo de dous mil.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria