Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudio de detalle da U.A. 4 Samil. (Expediente 4035/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do 29 de maio de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-las alegacións formuladas ó presente expediente de aprobación de estudio de detalle para U.A. 4 Samil, excepción feita da presentada por Agustín Arca Fernández en representación de Unión de Vigueses Independientes, que se estima parcialmente no sentido de rectifica-lo erro

material de transcrición sobre medidas do viario (14 metros da rúa A, cando debe dicir 12 e 12 metros da rúa C cando debe dicir 10) e sen prexuízo de que se practiquen, tamén á vista das alegacións formuladas, as correccións sobre titularidades de parcelas que procedan.

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle da U.A. 4 Samil, na parroquia de Navia (exp. 4035/411), presentado por Américo Alonso Alonso e Benigno Pérez González, redactado polo arquitecto José Enrique López Santander, con visado do COAG de data 1 de setembro de 1997.

Terceiro.-Proceder á publicación desta aprobación definitiva no DOG e no BOP, segundo artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con notificación persoal ós propietarios afectados, así como as comunicacións e traslados previstos no punto 3º do devandito artigo.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 4 de xullo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo