Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de reparación nos xardíns de Vicenti e Alameda.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

a) Organo de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

b) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento de licitación: 19.334.573 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías.

a) Provisional: 386.691 pesetas.

b) Definitiva: contía equivalente o 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertua das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 15 de xuño de 2000.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral