Convocada pola Orde do 5 de maio de 2000 (DOG nº 92, do 15), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 5 de maio de 2000 (DOG nº 92, do 15).
Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ó persoal que se relaciona no anexo á presente orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2000.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Apelidos e nome: Ramón Díez, Celia.
N.R.P.: 3241718535 A206B.
Grupo: A.
Nivel C.D.: 28.
Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia.
Posto de traballo: xefe de Servicio de Aseguramento.
Dependencia: Secretaría Xeral do Sergas.
Localidade: Santiago de Compostela.
Apelidos e nome: Jiménez Lasheras, José Ignacio.
N.R.P.: 1678526835 A206B.
Grupo: A.
Nivel C.D.: 28.
Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia.
Posto de traballo: xefe da Unidade de Saúde Laboral.
Dependencia: Dirección Provincial do Sergas.
Localidade: Lugo.
Apelidos e nome: Pereira Fernández, Carlos.
N.R.P.: 3491975313 A206B.
Grupo: A.
Nivel C.D.: 28.
Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia.
Posto de traballo: xefe de Servicio de Inspección e Asistencia Sanitaria.
Dependencia: Dirección Provincial do Sergas.
Localidade: Ourense.
Apelidos e nome: Álvaro Esteban, Pilar Mercedes.
N.R.P.: 344316557 A206C.
Grupo: A.
Nivel C.D.: 28.
Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia.
Posto de traballo: xefe da Unidade de Control da Prestación Farmacéutica.
Dependencia: Dirección Provincial do Sergas.
Localidade: Ourense.