Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos, polo procedemento aberto, para a subministración de diverso equipamento. (C.P. 157 e 158/2000).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das competencias que ten atribuídas na orden da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Nº referencia expediente: C.P. 157/2000.

Obxecto: subministración de equipamento unidade coidados intermedios.

Lote nº 1: monitores cabeceira modulares.

Lote nº 2: monitor modular para transporte.

Lote nº 3: desfibrilador con marcapaso externo.

Lote nº 4: electrocardiógrafo.

Lote nº 5: respiradores para ventilación non invasiva.

Lote nº 6: respirador de transporte avanzado.

Lote nº 7: respirador de ventilación invasiva de altas prestacións.

Orzamento: 28.900.000 ptas. (173.692,50 euros).

Nº referencia expediente: C.P. 158/2000.

Obxecto: subministración de equipamento de quirófano e reanimación.

Lote nº 1: monitor de despertar.

Lote nº 2: máquina de hemodiafiltración.

Lote nº 3: respirador volumétrico para reanimación.

Lote nº 4: lámpada de quirófano.

Orzamento: 9.300.000 ptas. (55.894,13 euros).

Garantía provisional: el 2% do importe de licitación de cada lote.

I. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de subministracións.

II. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

III. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde das 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: ás proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 6 de xullo de 2000.

Teresa Araguas Álvarez

Directora médica en funcións de director xerente