Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de xuño de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores en réxime de aluguer, P-014/2000 e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e na alínea primeira do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e derradeiro enderezo coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas ou comparezan en forma na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que estimen convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 26 de xuño de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/420 (expte. desaf.: P-014/2000)

Cta.: 3.

Nome: Daniel Trabazo García

Enderezo: r/ Calvo Sotelo, número 103, 2ºA (Marín).

Impago débeda: 573.643 pesetas.

Expediente: PO-83/510 (expte. desaf.: P-023/2000).

Cta.: 32.

Nome: Manuel Costas Comesaña.

Enderezo: r/ Martínez Garrido, 71, 3º H (Vigo).

Impago débeda: 1.470.004 pesetas.

Expediente: PO-83/510 (expte. desaf.: P-024/2000).

Cta.: 62.

Nome: Mª Ángeles Pérez Montoya.

Enderezo: r/ Martínez Garrido, 71 8º D (Vigo).

Impago débeba: 1.928.954 pesetas.