Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 26 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a iniciación do expediente sancionador 50/2000 Man, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento da iniciación do expediente sancionador nº 50/2000 Man, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Faiselle saber así mesmo o dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 26 de xuño de 2000.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 50/2000 Man.

Denunciado: Francisco Rodríguez Porto.

Último enderezo coñecido: r/ Ramón González nº 34, 2º, O Porriño, Pontevedra.

Feito denunciado: carecer de carné de manipulador de alimentos.

Precepto infrinxido: R.D. 2505/1983, do 4 de agosto, Regulamento de manipuladores de alimentos.

Precepto sancionador:-Lei 147/1986 (xeral de sanidade).-R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Sanción imposta: 25.000 ptas.