Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/39-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Domínguez y Bruquet, S.L.

Domicilio social: Valdeiras, 32435 Avión.

Denominación: L.M.T., C.T., casa turismo rural Valdeiras.

Situación: Avión.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 970 m en conductor LA-56, derivada desde o apoio nº 18 da liña Avión-Corneira e remata no C.T. aéreo con 50 kVA. R/T 20.000/380-220 V na casa de turismo rural.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 23 de maio de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense