Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.122

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (72/1998).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuña:

Que no xuízo de faltas nº 72/1998 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Na vila de Padrón, o 3 de xuño de 1998. Vistos os autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co nº 72/1998 nos que son parte, como denunciante Santos Diéguez Diéguez e José María García Area e como denunciado Ramón Ramos Cardama.

Resolvo que debo condenar e condeno a Ramón Ramos Cardama como autor penalmente responsable dunha falta contra a orde pública xa definida, á pena de 60 días de multa a razón de 500 pesetas o día de multa, con apercibimento de que por cada dúas cotas diarias non pagadas xerarase un día de arresto substitutorio que se cumprirá no establecemento penitenciario, así como ó pagamento das costas procesuais.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco día contados desde a súa notificación para a súa resolución pola audiencia provincial.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Ramón Ramos Carmada, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Padrón o vintenove de xuño de dous mil.

O secretario

Rubricado