Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.113

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de marzo de 2000 pola que se fan públicos os nomeamentos dos membros da Comisión Autonómica de Coordinación dos Plans de Investigación e Control de Determinadas Substancias e os seus residuos en animais e os seus productos con destino ó consumo humano.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 67, do 5 de abril de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 4.685, onde di: «Pola División de Farmacia e Productos Sanitarios do Sergas:

Vocal titular: Teresa Chuclá Cuevas (subdirectora xeral da División de Farmacia e Productos Sanitarios).

Vocal suplente: Carlos A. Crespo Diz (xefe do Servicio de Ordenación Farmacéutica da División de Farmacia e Productos Sanitarios)»; debe dicir: «Pola División de Farmacia e Productos Sanitarios do Sergas:

Vocal titular: Teresa Chuclá Cuevas (subdirectora xeral da División de Farmacia e Productos Sanitarios).

Vocal suplente: Pilar Salvador Garrido (xefa do Servicio de Productos Sanitarios)».