De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto), para a provisión da praza núm. 99/038 de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación, desta universidade, a favor de Neves Arza Arza, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o punto 2º do art. 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo art. 42 de la Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Neves Arza Arza profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación, desta universidade.
A Coruña, 27 de xuño de 2000.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña