Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 19 de xullo de 2000 Páx. 11.070

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECREO 190/2000, do 13 de xullo, polo que se nomea a Lourdes Díaz Sánchez membro do Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia.

De acordo co establecido no artigo 8, punto 2º, da Lei 10/1983, do 9 de decembro, reguladora do Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia, de conformidade coa elección efectuada polo Parlamento de Galicia na súa sesión do día 27 de xuño de 2000 e logo de coñecemento do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de xullo de dous mil,

DISPOÑO:

Nomear membro de Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia a Lourdes Díaz Sánchez.

De conformidade co disposto no artigo 57.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o nomeamento producirá efectos desde a data da elección efectuada polo Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de xullo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública