Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO do proxecto de compensación do polígono B-21.

A alcaldesa en funcións, mediante decreto do 12-6-2000, aprobou definitivamente os estatutos e as bases de actuación de xunta de compensación do polígono B-21, así como o proxecto de compensación, tramitados conxuntamente pola vía do artigo 137 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, por instancia de Jaime Prezado Losada e Francisco Franco Alonso, propietarios da totalidade dos terreos que integran o polígono.

En cumprimento do que dispón o artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, faise público, sinalándose que contra o acordo de aprobación poderá interpoñerse recurso de reposición ante a alcaldía no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpondo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses. Os prazos que se sinalaron computaranse a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Verín, 29 de xuño de 2000.

Mª Corona Meixeira Romasanta

Alcaldesa en funcións