Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1253/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 8 de xuño de 2000 adpotou, entre outros, o seguinte acordo:

«A Comisión de Goberno, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estatuto de detalle das zonas 7.1 e 7.2 do Plan especial de protección e reforma interior do casco histórico de Ourense, redactado de oficio pola Oficina de Rehabilitación do Núcleo Histórico.

2. Somete-lo expediente a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no DOG, no BOP, e nun dos xornais de maior circulación na provincia, con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados».

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo de 1997, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo plazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achegar-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de xuño de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente