Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía, con data do 15 de xuño de 2000, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto por tramitación urxente, da subministración dunha copiadora dixital para as oficinas xerais do Concello de Carballo, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP, ou prensa, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 5.400.000 ptas.

Prazo de subministración: 21 días seguintes ó da data de formalización do contrato.

Fianza provisional: 108.000 ptas.

Fianza definitiva: 4% sobre o importe da adxudicación.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación, das 9 ás 14 horas dentro do prazo de trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación.

Documentación: presentarase en 3 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 5 de xullo de 2000.

Manuel Varela Rey

Alcalde