Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para a impartición de programas de inducción e sensibilización cara ó cambio estratéxico e empresarial.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a impartición de programas de inducción e sensibilización cara ó cambio estratéxico e empresarial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, tlfo.: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: C.P. nº 07/00.

2. Obxecto do contrato.

Asistencia técnica para a impartición de programas de inducción e sensibilización cara ó cambio estratéxico e empresarial, coa desagregación seguinte en lotes:

-2 programas de auditorías internas dos sistemas de calidade (lote 1).

-1 programa de sistemas de xestión ambiental (lote 2).

-1 programa de sistemas de xestión da seguridade laboral (lote 3).

-1 programa de melloras da calidade e productividade (lote 4).

-1 programa de melloras nos procesos financeiros (lote 5).

-1 programa de eliminación da dilapidación (lote 6).

-1 programa de xestión dos custos da non calidade (lote 7).

-1 programa de sistemas de intelixencia comercial (lote 8).

-1 programa de políticas e sistemas de avaliación do desempeño (lote 9).

-1 programa de xestión do capital circulante e a tesourería (lote 10).

-1 programa da calidade despois da certificación (lote 11).

-1 programa de retención e fidelización de clientes (lote 12).

-4 programas de aplicación empresariais de internet, intranet e extranet (lote 13).

-1 programas do comercio electrónico e as novas canles de comercialización (lote 14).

-1 programa de reducción do tempo de ciclo dos procesos de negocio (lote 15).

-1 programa de políticas retributivas nos novos contornos competitivos (lote 6).

Prazo de execución: os programas levaranse a cabo nas datas e lugares establecidos na programación Pimega que realizarán conxuntamente o Igape e as adxudicatarias, reservando non obstante o Igape para si a capacidade de decisión. A vixencia da contratación establécese nun ano desde o inicio da execución, que será determinada polo Igape nun máximo de tres meses desde a sinatura do contrato. No caso de que os adxudicatarios ofertasen a mellora referida na cláusula 7.3 do prego de prescricións técnicas, a vixencia estenderase durante o período de mantemento da rede telemática ofertada polo adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 11.360.000 ptas. (once millóns trescentas sesenta mil pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación por horas lectivas e lotes:

Lotes nºOrzamento máximo hora lectivaOrzamento máximo de licitación por lote

148.000 ptas.1.920.000 ptas.

2, 3, 4 e 548.000 ptas.960.000 ptas.

6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 14, 15 e 1650.000 ptas.400.000 ptas.

1350.000 ptas.1.600.000 ptas.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote/s ós que se concorra.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e sellado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre programas docentes, metodoloxía didáctica, duración dos programas e melloras técnicas propostas.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica