Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 125/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 10 días para presentar alegacións, no caso de non presentalas, segundo o artigo 13.2º do dito Regulamento 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador Secretaría 125/2000.

Denunciado/a: Pastelería Confitería Hucha, S.L.

DNI/CIF: B-36179943.

Último domicilio coñecido: Camilo José Cela, 3. Vilagarcía (Pontevedra).

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: quince mil pesetas (15.000 ptas.).

A Coruña, 9 de xuño de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña