Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2000 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de obras para a instalación do sistema de aire acondicionado no Laboratorio Oficial de Metroloxía. (Expediente 3/2000 DXPI).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Número de expediente: 3/2000 DXPI.

Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a execución da obra de instalación do sistema de aire acondicionado do Laboratorio Oficial de Metroloxía.

Lugar de execución: San Cibrao das Viñas (Ourense).

Prazo de execución: tres meses desde a comprobación do replanteo.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: 208.804.806 ptas. (1.254.942,158595 euros), IVE incluído.

Garantías.

Provisional: exento. Os empresarios estranxeiros que non dispoñan da clasificación requirida acreditarán a constitución dunha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento do contrato (4.176.096 ptas.; 25.098,842451 euros), IVE incluído.

Obtención de documentación e información.

Obtención de documentación: Copynino, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, 15701 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidad: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP).

Admisión de variantes: (concurso) non se admite.

Outras informacions.

Os empresarios estranxeiros non clasificados acreditarán a súa solvencia económico-financeira e técnica por calquera dos medios especificados nos artigos 16 e 17 do TRLCAP.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día de apertura das proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio